Alerta sanitaria "Coronavirus"

Advertencias da Xunta de Galicia para facer fronte a crise do "Coronavirus".
Educación:
-Suspensión das actividades lectivas e extraescolares durante 14 días en todos os niveis educativos (tamén de 0-3).

-Suspensión de prácticas do alumnado de titulacións de ciencias da saúde en centros sanitarios
Sanidade:
-Límite 1 persoa de acompañante a doentes
-Suspensión de visitadores médicos, farmacéuticos e voluntariado
-Só acudir a centros/hospitais se é imprescindible. Promoverase consulta online e telefónica
-Convenio co Servizo de Saúde Vasco para subministrar mascarillas 3 meses
Política Social:
-Peche de centros sociocomunitarios
-Nas residencias: limitación de máis dunha persoa por visita, de visitas de maiores de 70 anos, con patoloxías ou síntomas respiratorios
-Suspensión das actividades en centros residenciais e de día con participantes externos
Deporte:
-Suspensión de Xogade
-Suspensión ou celebración a porta pechada das actividades deportivas con asistencia de público, incluídas as municipais
-Recomendación ás federacións de que a competición deportiva oficial sexa a porta pechada e, no posible, suspendida/aprazada
Emprego público:
-Protocolo para empregados públicos: pautas e recomendacións, posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria ou teletraballo, reorganización das quendas ou medidas de protección, entre outros aspectos
-Pechada ao público a Casa de Galicia en Madrid
Aforos:
-Nas concentración en espazos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. É dicir, nun espazo con capacidade para 900, non poden acceder máis de 300
-En espazos abertos límite 500 persoas
Cultura:
-Pechados museos, bibliotecas e arquivos xestionados pola Xunta. Recoméndase pechar os xestionados por outras entidades.



Comentarios