Atopamos a sílaba en común

Seguimos con outra actividade bonita para traballar a conciencia silábica.

Pautas:
1 - Descargamos o recurso premendo aquí.
2 - Imprimimos, e recortamos cada cadrado. Dentro de cada un teremos dúas persoas, animais ou cousas (substantivos) que teremos que identificar.
3 - Fixarémonos que entre os dous existe unha sílaba común tal e como vemos no exemplo.
4 - Última norma e MOI IMPORTANTE. Ó final de cada folla aparecen as palabras para ver que as teñamos correctamente colocadas, ou para consultar en caso de que levemos moito tempo trabados sen atopar a palabra correcta. NON PODEMOS MIRALAS ANTES.

A desfrutar deste xoves.
Non olvidedes seguir xogando con todas as actividades do Blog. A partir da semana que ven comezamos novo trimestre e irán aparecendo novas. Pero antes temos que ter estas dominadas.

Bicos rapaces. Desfrutade moito con esta actividade.


Comentarios