Ir al contenido principal
O labirinto da letra /L/
Hoxe poñemos no blog un recurso para divertirnos en familia e poñer a proba a nosa atención e competencia lingüística.
Instrucións:
1 - Descargarmos o recurso premendo aquí.
2 - Os tres taboleiros están deseñados para buscar palabras que utilizan a letra /L/. O primeiro utiliza o /L/ en posición inicial, o segundo en posición intermedia (é dicir, o /L/ non será a primeira letra nin a última), e o terceiro taboleiro utiliza o /L/ en posición final.
3 - Teremos que buscar a ruta que nos leve dende a casilla de saída ata a de chegada desprazándonos para abaixo e hacia os lados.
4 - Se se pasamos moito tempo perdidos sen poder avanzar, ó final de cada taboleiro están as palabras correctas para ter algunha pista. Non as mires se non é preciso!
A desfrutar!
Comentarios
Publicar un comentario