Que hora é?

Todos os días nada máis entrar pola aula escribimos a data e xogamos ás horas. Hoxe, aínda que sexa de maneira virtual, tamén miraremos as agullas destos reloxos e distintas actividades relacionadas coas horas.

Lembra:
  • Agulla pequena: marca as horas
  • Agulla grande: marca os minutos

Cando a agulla do reloxo pasa dos 30 minutos (e media) temos dous xeitos de decir a hora, ou ben decimos cantos minutos pasaron de esa hora ou decimos cantos minutos quedan para que chegue a hora seguinte. 


Por exemplo, vendo este reloxo temos dous xeitos de dicir a hora:
  • Dez e corenta e cinco minutos (xa que pasadon corenta e cinco minutos dende as dez).
  • Once menos quince minutos (xa que quedan quince minutos para chegar ás once).
Pulsando na seguinte ficha podes completar e xogar con ela!


Comentarios